AS ORGANIZACIÓNS DA ACCIÓN VOLUNTARIA.
 

As persoas voluntarias non actúan pola súa conta, de maneira espontánea (a iso chamámoslle "boa xente" bós cidadáns, persoas solidarias e que teñen responsabilidade) se non de xeito organizado engadíndose as asociacións ou fundacións existentes ou creando outras novas.

Unha Organización de Acción Voluntaria, como o seu nome indica, é unha organización sen ánimo de lucro, máis ou menos formalizada e estable, sendo un dos seus obxectivos a mellora da sociedade nos máis diversos campos, e que o traballo que se fai -en todo caso ou en boa parte- por medio da acción voluntaria dos seus membros.

O voluntariado e as organizacións de acción voluntaria son parte da iniciativa social, dos Movementos Sociais, do Tercer Sector, diferenciándose claramente da acción dos gobernos e as empresas privadas. Tamén existen administracións públicas que fan que se realicen proxectos de voluntariado, vinculados ás súas respectivas políticas sociais, culturais, etc. Na nosa opinión, non deben ser os gobernos senon os cidadáns os que protagonicen e articulen a acción voluntaria, para iso existen -ou poden impulsalas cando non existan- as ONG, de carácter independente, non gubernamental, e as administracións públicas deben e poden negociar ou convir con elas proxectos de cooperación conxunta. Doutro xeito, increméntanse os perigos de manipulación ou utilización interesada do voluntariado para obxectivos político-partidarios e de carácter privado.