 |
CATRO IDEAS CLAVE SOBRE O VOLUNTARIADO. |
| |
Convén que teñas claras catro ideas, catro conceptos fundamentais nesto do voluntariado: |
 |
- Voluntariedade. O voluntariado, a acción voluntaria, é o resultado dunha libre elección, é unha opción ética, persoal, gratuita, que non espera retribución ou recompensa. A palabra exacta non é desinterese porque a persoa voluntaria ten interese, moito interese e obtén satisfacción nas súas motivacións persoais.
- Solidaridade. Altruismo quere dicir amor o outro, o contrario de egoísmo. O voluntariado, a acción voluntaria só existe cando repercute nos outros, cando o seu interese é colectivo, xeral, público. O voluntariado é un medio para dar resposta a necesidades, problemas e intereses sociais, e non un fin en si mesmo para satisfacer ás persoas voluntarias. A acción voluntaria supón un compromiso solidario para mellora-la vida colectiva.
- Acción. O voluntariado non é só un valor ético, unha actitude, senon unha práctica concreta. O voluntariado faise, é acción. Se se queda tan só nun vago espirito de boa persoa, de bó cidadán e cidadás, remata sendo algo baldeiro e sen sentido. Ainda que tamén é certo que non é posible a pura acción sen "alma", sen valores. Pero o que cambea o mundo, o que enfronta os problemas e as necesidades é a acción.
- Organización. O voluntariado non se trata, con ser algo moi importante, dunha práctica personal, individual, testemuñal, íntima. Porque o obxectivo do voluntariado é mellora-la realidade, transforma-lo mundo, e face-lo eficazmente. Fronte a improvisación e a espontaneidade o voluntariado require actuar organizadamente, unindo forzas. Polo tanto a acción voluntaria ten que ser unha acción organizada, sistemática, fusionada, que require de organización, de asociacións ou fundacións nas que actuar.
|
 |
|
 |
|