¿QUÉ DIN AS LEIS?
 

Dende 1996 existe unha Lei do Voluntariado de ámbito estatal. Pola sua parte, nos derradeiros anos prácticamente toda-las Comunidades Autónomas produciron normas legais acerca do Voluntariado, nalgúns casos leis que foron aprobadas polos seus departamentos respectivos, noutros casos decretos administrativos, dentro do seu ámbito territorial e de competencias.

Todas esas leis, recoñecen unánimemente a importancia do voluntariado, o seu papel como expresión da participación cidadá no desenrolo cultural, político, económico, da comunidade social, e expresan o compromiso dos poderes públicos no impulso e promoción.

En términos xerais, trátase de normas que pretenden "promover e facilita-la participación solidaria dos cidadás nas actuacións de voluntariado, no seno de organizacións sen ánimo de lucro públicas ou privadas" (Lei Estatal Do Voluntariado 6/1996), e regular e "facilita-las relacións entre as Administracións Públicas, as entidades e as persoas voluntarias" (Lei do Voluntariado 30/1998 de Canarias).

Dende unha perspectiva xeral (se che interesa unha información máis detallada, podes consulta-la normativa concreta nos enlaces que seguen), esas normas legais entenden por "voluntariado o conxunto de persoas que fan unha prestación voluntaria de servicios cívicos e sociais, sen contraprestación económica, dentro do marco dunha organización estable e democrática que conleve un compromiso de actuación a favor da sociedade e da persoa" (Lei 25/1991 Incavol. Cataluña).

Moitas destas normativas, exclúen expresamente, como actividades do voluntariado as actuacións "ailladas, esporádicas ou prestadas a marxe de organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, así como aquelas executadas por razóns familiares, de amistade ou mera vecindade" (Ley do voluntariado 7/1998. A Rioxa).

Tamén exclúense, expresamente "as actividades que se desenrolen en virtude dunha relación laboral ou funcionarial;, as actividades que xeneren algún proveito para as persoas que as fagan, as actividades feitas no exercicio dunha obriga persoal, as regulamentariamente establecidas como as feitas polos obxectores de conciencia no exercicio da prestación social sustitutoria, as actividades levadas a cabo por cargos directivos ou xerentes nas entidades promotoras" (Decreto de Voluntariado 12/1995. Castela a Mancha).

Prácticamente toda-las normas sinalan que "a actividade (voluntaria) non poderá sustituir o traballo retribuido, nen sequera no caso de loita laboral, nin ser considerada como prácticas, aprendizaxe ou experiencia profesional". (Ley 30/1998 do Voluntariado. Canarias).

En canto as áreas de actuación do voluntariado, as diferentes normativas refiren "as asistenciais, de servicios sociais, cívicos, eductativos, culturais, científicos, deportivos, de sanidade, de cooperación ó desenrolo, de defensa do mediambente, de defensa da economía ou a investigación, de desenrolo da vida asociativa, de promoción do voluntariado ou calquera outras de natureza semellante" (Lei Estatal do Voluntariado 6/1996). Outras normas refiren outros campos, coma a defensa dos dereitos humáns, a promoción da igualdade entre os homes e mulleres, a loita contra o paro. Algunhas leis especifican que estas actividades, sexa cal sexa o seu ámbito, terán que ir "dirixidas a construcción dunha sociedade máis solidaria e máis xusta" (Lei de Voluntariado ·/1998. Baleares).

As distintas leis e normativas tamén sinalan un conxunto de principios de actuación que terán que rexir a acción do voluntariado e das organizacións de acción voluntaria, coma, por exemplo: "a) Participación ceibe, altruista e comprometida dos cidadáns e cidadás, sen compensación económica, dacordo ás preferencias e capacidades, por medio de entidades de organización democrática e non discriminatoria. B) Solidariedade coas persoas e os grupos co obxectivo de logra-lo interese xeral, atendendo ás necesidades sociais de xeito global e non exclusivamente dos membros da propia organización. C) Descentralización, percurando que as actividades do voluntariado se fagan o maís perto posible dos cidadáns e no seu propio entorno. D) Autonomía e liberdade das organizacións do voluntariado respecto dos poderes públicos, velando á vez para garantiza-lo cumprimento da lexislación e a responsabilidade que as entidades de voluntariado asumen diante da sociedade. E) Complementariade e coordinación de voluntariado e as administracións en todo-los seus ámbitos e niveis e non sustitución das actuacións destas" (Ley do Voluntariado 3/1998. Baleares).

As distintas normativas tamén fan referencias ós dereitos e tarefas dos voluntarios, coma por exemplo, tal e como sinala a Lei Estatal do Voluntariado 6/1996:

  • A. Recibir, tanto con carácter inicial como permanente, a información, formación, orientación, apoio e, no su caso medios materiais precisos para o exercicio das funcións que se lles sinalen.
  • B. Seren tratados sen discriminación, respetando a sua liberdade, dignidade, intimidade e creencias.
  • C. Participar activamente na organización na que se inserten axudando na elaboración, deseño, execución e avaliación dos programas, de conformidade cos estatutos ou normas de aplicación.
  • D. Estar asegurado contra os riscos de accidente e enfermidade derivados directamente do exercicio da actividade voluntaria, coas características e polos capitais asegurados que se establezan regulamentariamente.
  • E. Ser reembolsado polos custos derivados no desempeño das suas actividades.
  • F. Dispor dunha acreditativa de identificación da condición de voluntario.
  • G. Face-la sua actividade coas debidas condicións de seguridade e hixiene en función da natureza e características daquela.
  • H. Obter o respeto e recoñecemento polo valor social da sua contribución.

Os voluntarios quedan obrigados:

  • A. Cumprir os compromisos adquiridos coas organizacións nas que se integren, respetando os fins e a normativa das mesmas.
  • B. Gardar, cando proceda, confidencialidade da información recibida e coñecida no desenrolo da súa actividade voluntaria.
  • C. Rexeitar calquera contraprestación material que puideran recibir ben do beneficiario ou doutras persoas relacionadas coa sua acción.
  • D. Respeta-los dereitos dos beneficiarios da sua actividade voluntaria.
  • E. Actuar de xeito dilixente e solidario.
  • F. Participar nas tarefas formativas previstas pola organización de modo concreto para as actividades e funcións confiadas, así como as que con carácter permanente se precisen para manter a calidade dos servicios que presten.
  • G. Seguir as instruccións axustadas ós fins que se impartan no densenrolo das actividades encomendadas.
  • H. Utilizar debidamente a acreditación e distintivo da organización.
  • I. Respetar e cuida-los recursos materiais que poñan á sua disposición as organizacións.

Consulta a normativa sobre o voluntariado, por entre o listado que che ofrecemos.

  • LEXISLACIÓN ESTATAL
    • Lei 6/1996, de 15 de Xaneiro, do Voluntariado (Lei Estatal do Voluntariado)
      Publicación: BOE 17/01/1996. Número: 15-1996 Sección:I
      IR Ó TEXTO

  • LEXISLACIÓN AUTONÓMICA
    • ANDALUCÍA
      Decreto 45/1994, de 19 de maio, do Voluntariado Social da Comunidade Autónoma de Andalucía.
      Publicación: BOJA 25/05/1993. Número 55
    • ARAGÓN
      Lei 9/1992, de 7 de outubro, do Voluntariado Social da Comunidade Autónoma de Aragón.
      Publicación: BOA 19/10/1992. Número 121
    • CANARIAS
      Lei 4/1998, de 15 de maio, do Voluntariado na Comunidade Autónoma de Canarias.
      Publicación: BOC 25/05/1998. Número XVI/063
      IR Ó TEXTO
    • CASTELA A MANCHA
      Lei 4/1995 de 16 de marzal, do Voluntariado na comunidade Autónoma de Castela A Mancha.
      Publicación: DOCM 21/04/1995. Número 19 BOE 05/03/1996. Número 56
      IR Ó TEXTO
    • CASTELA E LEÓN
      Decreto 12/1995, de 19 de xaneiro, polo que se regula o Voluntariado en Castela e León.
      Publicación: BOCYL 25/01/1995. Número 17
    • CATALUÑA
      Lei 25/1991, de 13 de decembro, pola que crease o Instituto Catalán do Voluntariado.
      Publicación: DOGC 30/12/1991. Número: 1535
    • COMUNIDADE DE MADRID
      Lei 3/1994, de 19 de maio, do Voluntariado Social da Comunidade Autónoma de Madrid.
      Publicación: BOCM 24/05/1994. Número: 121,BOE 25/06/1994. Número: 151
    • COMUNIDADE FORAL DE NAVARRA
      Lei Foral 2/1998, de 27 do marzal, do Voluntariado na Comunidade de Navarra.
      Publicación: BON 10/04/1998. Número 43 ,BOE 2/6/1998. Número:131
      IR Ó TEXTO
    • EXTREMADURA
      Lei 1/1998, de 5 de febreiro, reguladora do Voluntariado Social en Extremadura.
      Publicación: Publicación: D.O.E. 12/3/98. Número 29-O BOE 02/04/1998. Número: 79
    • GALICIA
      Lei 4/1993, de 14 de abril, de Servicios Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.
      Publicación: BOE 11/05/1993. Número: 112
    • ILLAS BALEARES
      Ley 3/1998, de 18 de maio, do Voluntariado nas Illas Baleares.
      Publicación: BOE 08/06/1998. Número: 136
    • A RIOXA
      Lei 7/1998, de 6 de maio, do Voluntariado na Comunidade Autónoma da Rioxa.
      Publicación: BOR 12/05/1998. Número: 57, BOE 26/05/1998. Número: 125
      IR Ó TEXTO
    • PAÍS VASCO
      Lei 17/1998, de 25 de xunio, do Voluntario no País Vasco.
      Publicación: BOPV 13/07/1998. Número 130
      IR Ó TEXTO

MEDIDAS DE FOMENTO:

  • PLAN ESTATAL DO VOLUNTARIADO 1997-2000 (M.T.A.S.)
    IR Ó TEXTO
  • Plan do Voluntariado de Castela a Mancha.