A estas alturas, se chegache ata aquí, debes ter as ideas bastante claras. Agora é o momento de concretar, de coñecer directamente as Organización de Acción Voluntaria que están preto e nas que podes participar.
Infórmate, coñece a fondo os seus obxetivos, os seus programas de acción, a súa forma de organizarse. Comproba que se trata de organizacións "serias", comprometidas e coherentes cos seus fins, eficaces na súa forma de traballar, participativas e democrátocas na súa forma de organizarse, transparentes na xestión do recursos económicos...
Cando o teñas claro, adica un tempo a formarte, a coñecer a fondo a organización, a escoitar a outras persoas voluntarias, a participar en sesións formativas que melloren a túa capàcidade de actuar, a ler proxectos e memorias que te axuden a entende-lo teu futuro traballo voluntario, a preguntar, a preguntar e a preguntar.
E concreta, todo o formalmente que sexa necesario, o teu compromiso co traballo e coa organización.
Se queres coñecer mais a fondo o que supón ser voluntario, os compromisos que implica, fai clik aquí.
Se queres coñecer un pouco mais de preto as Organizacións de Acción Voluntaria e buscar a aquelas que están mais preto de ti e dos teus intereses, fai clik aquí.
|