VALORA a túa disponibilidade, as tuas capacidades, os teus intereses. Qué podes facer?



De canto podes dispoñer para a acción voluntaria? Tres, catro, seis, oito horas semanais? Ata onde podes comprometerte, coa seguridade de cumprir os teus compromisos?

Qué capacidades e habilidades tes? Qué sabes facer? Non te amoles: todo vale, todo serve. Seguro que, pola tua formación, pola tua experiencia profesional ou vital, polas tuas aficións, pola tua capacidade creativa, hai mil cousas útiles que podes facer. Pero se pensas que non é así o voluntariado sempre che ofrecerá a posibilidade de mellora-la tua formación e desenrolar novos coñecementos e capacidades. Aproveitaa.

Pensa tamén nos teus propios intereses, qué campos de acción, qué temas, qué tipos de traballo voluntario son os que mais se achegan os teus intereses e motivacións personais?

Se queres saber algo mais sobre os tipos de taballo que desenrolan as personas voluntarias, fai clik aquí.